sábado, 22 de diciembre de 2012

Felices Festas!

Os titores de 2º desexámosvos que pasedes unhas Felices Festas!

Aquí vos deixamos as fotografías do Festival de Nadal que realizamos onte no colexio.

Un saúdo!

martes, 18 de diciembre de 2012







Nenos e nenas de 2º: aquí tedes dous videos moi interesantes para comprender o tema da auga. Non vos cansedes de miralos xa que con elo aprenderedes moito.
Os titores Vero e Miro

sábado, 15 de diciembre de 2012

Repasemos o Sistema Solar!

Ola a tod@s!

Aquí vos deixamos uns xogos moi entretidos que nos servirán para repasar o Sistema Solar. Pinchade na descripción dabaixo para xogar.


















Esperamos que vos guste e que vos divirtades aprendendo!

Un saúdo,
                                                       o profe Miro e a profe Vero.

sábado, 1 de diciembre de 2012

El cuarto hocico

Este xoves asistimos ao salón de actos, onde nos esperaba un profesor de inglés de Zaragoza que nos veu contar a iniciativa que realizaron os seus alumnos a favor dos animais.

Estes alumnos un día foron ao circo que chegara ao seu pequeno pobo e viron en qué malas condicións estaban os animais alí: mal alimentados, encerrados en gaiolas, tristes... Foi así como comezaron a protexer aos animais e a concienciar á xente de que non os podemos tratar así, porque os animais non son ningún obxecto nin xoguete, son seres vivos aos que hai que dar cariño, protección e coidados. A continuación vos deixamos o enlace ao seu blogue por se lle queredes dar un vistazo. Volo recomendamos porque é unha páxina moi interesante.

Esta nova asociación que crearon estes nenos chámase El cuarto hocico, recordades por qué?

Contounos moitas historias de animais, historias que nos daban pena porque nelas víamos cómo os maltrataban, historias que nos sorprendían (como por exemplo a historia dese canciño que esperou polo seu dono na porta do hospital durante 12 anos, a recordades?) e historias felices de animais abandonados que por fin atopaban un hogar. Con todas esas historias pouco a pouco fómonos metendo na pel dun animal, dándonos conta de que eles non son tan distintos a nós, que os animais tamén teñen sentimentos. 


Rematamos esta entrada cun vídeo do que pasou ao final desta actividade. Recordades á perriña que veu? Ela foi abandonada e unha nova familia acolleuna na súa casa. Agora, esta perriña sabe facer cousas incribles, e non só o que imos ver no video, xa que é toda unha heroína que axuda a moitísima xente con problemas. Porque se aos animais lles damos moito amor poden chegar a facer cousas maravillosas


Un saúdo,
                                          o profe Miro e a profe Vero.

martes, 20 de noviembre de 2012

PLAY WITH NUMBERS

KICK A BALL

O erizo Rizo

Hoxe fíxéronnos unha visita moi especial. Trátase dun animaliño que trouxo un neno de 1º. Quen nos visitou foi Rizo! un erizo moi bonitiño!


Vos fixáchedes ben como era? Vedes nas fotografías que pola parte darriba teñen pinchos? Chámanse púas e as teñen para defenderse dos seus inimigos, por eso nunca collades a un erizo por arriba, tede sempre moito coidadiño! Cando se sinten ameazados enróscanse e parecen unha boliña chea de pinchos!.
Recordades que é o que comen?
Aquí tedes uns enlaces para ver a este animaliño no seu hábitat natural.




 Un saúdo,
                                                         o profe Miro e a profe Vero.

sábado, 17 de noviembre de 2012

Restas levando

Xa demos un paso máis na nosa aventura do saber e estamos aprendendo a restar levando, pero para dominar este cálculo moi ben é necesario practicar moito. Para facer esta práctica máis levadeira e máis divertida aquí vos deixamos uns xogos.







Para xogar ao último recoméndoche que primeiro fagas as restas nun papel e logo poñas a solución no xogo, xa que debes escribir os números de esquerda a dereita.

RECORDADE   QUE   SEMPRE   DEBEMOS   EMPEZAR   A   RESTAR    POLAS    UNIDADES.  SE    VEMOS   QUE    O      NÚMERO     DE  ARRIBA   É    MÁIS   PEQUENO   QUE   O    DE    ABAIXO,  ENTÓN   TEREMOS    QUE   PEDIR    PRESTADO  Á   SEGUINTE    COLUMNA.  


Un saúdo,
                                                        o profe Miro e a profe Vero.

viernes, 9 de noviembre de 2012

O arte de contar contos

Aquí vos deixamos un libro descargado en PDF titulado "El arte de contar cuentos" moi bo tanto para profesores como pais, nais...ou calquera adulto que esté interesado neste tema. Porque a lectura é a base de todo, porque a lectura abre camiño a novos coñecementos e axuda a liberar a mente. Por iso é moi importante que eduquemos aos nenos e nenas no arte de ler, e desde moi pequeniños é bo que adquiran o gusto pola lectura. Pero, cómo facemos isto? Aquí vos deixo un enlace cunhas pequenas indicacións:


Ademáis, neste vídeo tamén podemos ver algunhas pautas.


O libro que recomendaba ao principio para que o leades con calma introdúcenos no mundo da narración dos contos. Porque, quen non se viu nunca na situación de ter que contar un conto? A escritora, Sara Cone Bryant, vainos aportando claves e consellos para conseguir unha narración perfecta. Ademais, ao final tamén recolle un listado de relatos clasificados en función da idade que podan motivar e gustar ao neno e nena.


jueves, 8 de noviembre de 2012

Maruja Mallo

Hoxe coñecimos a Maruja Mallo, unha gran artista que naceu en Viveiro (Lugo) e viviu moitos anos en Tui. Era unha muller moi loitadora que iba en contra dos tempos nos que vivía. Nesos tempos moita xente pasaba fame e pensábase tamén que as mulleres non valían para nada, mais ela non estaba dacordo nin quería esas situacións, polo que pintou moitos cadros protestando contra isto.



Aquí vos deixo un vídeo para que vexades algúns cadros desta artista. A ver se recordades algún deles!



Un saúdo,
                                                          a profe Vero e o profe Miro.

miércoles, 7 de noviembre de 2012

Festa do Magosto!

Informámosvos que o vindeiro venres 9 de novembro celebrarase o magosto no colexio. Lembrade traer cada un de vós unhas poucas castañas e, por suposto, as ganas de pasalo ben!

BO MAGOSTO!

Un saúdo,
                                                               o profe Miro e a profe Vero.

lunes, 5 de noviembre de 2012

Practica as horas!

Este ano o aprender as horas é unha das nosas tarefas principais, tanto nun reloxo analóxico como nun dixital. Como mínimo debemos saber as horas en punto, e media, e cuarto e menos cuarto. Para que poidades practicar isto na casa, a parte dos enlaces a xogos que xa estaban postos no apartado de matemáticas, aquí vos poñemos un novo.



Isto é moi difícil, por iso hai que traballar bastante. Unha boa idea, por exemplo, é que nos fixemos nos reloxos que temos na casa ou no noso pulso e intentemos averiguar a hora que é, xa que é algo que podemos facer en calquera momento. Ademáis, recordade que un truquiño: para saber ben os minutos e de forma rápida é bo saber contar de 5 en 5, así que esta tamén é unha boa tarefa e non nos leva nadiña facelo falando (non fai falta escribir).

Un saúdo,
                        os titores.

miércoles, 31 de octubre de 2012

O Samaín!!!

Hoxe celebramos o samaín. Aquí vos deixo un vídeo que explica por qué os corvos son negros... Esperamos que vos guste!




E para que o sigamos pasando ben, aquí vos deixo unha canción "escalofriante".



Desexámosvos un bo samaín a todos! Pasádeo de MEDO!!!

O profe Miro e a profe Vero.


PD:          RECORDAMOS QUE O VENRES NON HAI CLASE.

lunes, 29 de octubre de 2012

Castelao

Hoxe continuamos a coñecer algúns artistas do proxecto CIDARTE. Ao gran artista que coñecemos foi Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, que non só foi un gran debuxante e pintor, senón tamén un gran escritor e, incluso, compositor, xa que compuxo unha canción moi coñecida chamada "Lela". Naceu en Rianxo e viviu moitos anos en Pontevedra por motivo laboral. A Castelao encantáballe Galicia, e todos os seus cadros descúbrennos un cachiño desta terra.
Tocoulle vivir unha época moi difícil, a guerra, e por iso, en moitos dos seus cadros se reflexa a tristeza das xentes galegas. Ademáis era miope, e case non vía nada, polo que pintou varios cadros sobre cegos, xa que se sentía moi identificado con eles e, nesta época, aos cegos non lles deixaban facer nada, para o único que pensaban que servían era para estar na casa ou pedir limosna nas rúas...triste verdade? Pero non só pintaba sobre isto...recordades algúns dos cadros que vimos? Recordades que máis cousas pintaba? Pintaba sempre en cor ou tamén en blanco e negro? Recordades por qué?
Aquí vos deixo un vídeo con varios dos seus cadros, a ver se vos soa algún!



Un saúdo,
                                                       os titores Miro e Verónica.

viernes, 26 de octubre de 2012

Recursos divertidos!


IMPORTANTE ENLACE PARA DIVERTIRNOS APRENDENDO COS DEBUXOS DOS BOLECHAS E MOITO MAIS: CANCIÓNS, ADIVIÑAS,...




UN SAÚDO
OS TITORES:VERO E MIRO


Repasamos o estudo do corpo humano con este xogo




Esperando o Samaín
podemos disfrutar deste vídeo



Os vosos titores

Verónica e Miro

miércoles, 24 de octubre de 2012

O corpo

Como estos días estamos a estudar a partes do corpo e os ósos en Coñecemento do medio, aquí vos deixamos unhas imaxes por se queredes estudar un pouquiño na casa.
O esqueleto

As partes do corpo.



 Aproveito para recordarvos que en relación a este tema tamén hai colgados os enlaces a xogos do corpo humano no apartado de Coñecemento.

Un saúdo,
                                os titores.


lunes, 22 de octubre de 2012

María FumaÇa

Aquí vos deixo o enlace da profesora Lucía coa canción que estades a aprender en clase de música, así que aquí a tedes para practicar e ver o video na casa. Pasádeo ben!

María FumaÇa: O mercado

Un saúdo,
 a profe Vero e o profe Miro.

viernes, 19 de octubre de 2012

Convertémonos en artistas!

Con relación ao proxecto CIDARTE hai outra actividade na que poden participar todos os nenos e nenas que queirades. A actividade consiste no seguinte:
- Facer un debuxo libre moi elaborado, non vale un debuxo calquera, ten que estar moi traballado e poñer moito esforzo nel.
- Podedes facer o debuxo do tema que queirades.
- Este debuxo farase nun folio ou nunha páxina dun "block" de plástica.
- Hai que traer un mínimo de 10 debuxos e un máximo de 12.
- Hai que entregar todos os debuxos xuntos, así que traedeos ao cole cando teñades os 10, 11 ou 12 debuxos rematados.
- Tedes de plazo TODO O CURSO, así que se queredes participar facelo con calma e pouquiño a pouco, con entregar as túas obras de arte en xuño chega o tempo.


Unha vez que estén as túas obras entregadas a Miro ou a Verónica, colgaránse nunha zona común do colexio para que todas as persoas do cole as podian ver. Así que te convertirás nun artista expoñendo as túas obras!
ANÍMATE    E    PARTICIPA!!!
                                                
                                                                                    

Proxecto CIDARTE

Este ano o proxecto de Normalización Lingüística chámase "Cidarte". Nel, ao longo do curso iremos traballando con varios artistas procedentes de diferentes cidades de Galicia. Onte empezamos con Luís Seoane, un artista que naceu en Bos Aires. Era fillo de inmigrantes galegos e xa de pequeno regresou a Galicia para vivir na Coruña.


Aquí vos deixamos un vídeo con algúns dos seus cadros. Recordades algúns deles?

Un saúdo,
                                                        os profes Miro e Verónica.

lunes, 1 de octubre de 2012

Reunión xeral de pais e nais



Informámosvos que mañá 2 de outubro ás 17 horas celebrarase a reunión xeral de pais e nais no salón de actos do colexio. Esperamos a vosa asistencia!

Aproveitamos tamén para recordarvos que as titorías son os martes de 17 a 18 horas.

                             Un saúdo,
                                                         os titores.

martes, 18 de septiembre de 2012

Funcionamento da biblioteca

Os préstamos de biblioteca empezarán en outubro. Recorden que os nenos e nenas levarán un libro da biblio para ler na casa e á semana seguinte hai que traelo de volta para poder levar outro.
Un saúdo.

Mural da biblioteca.

lunes, 10 de septiembre de 2012

O día 12 comeza a viaxe

O día 12 de setembro comeza o novo curso! O profe Miro e a profe Verónica esperámosvos a todos e todas con moitas ganas e ilusión de aprender cousas novas!
Así que recordade: mañá mércores, das 10 ás 12 da mañá, será o noso primeiro día de clase!