Caderno de Bitácora |
14/6/2013
10/6/2013
31/5/2013
20/5/2013
10/5/2013
7/5/2013
3/5/2013
26/4/2013
24/4/2013
19/4/2013
12/4/2013
10/4/2013
8/4/2013
3/4/2013
22/3/2013
21/3/2013
15/3/2013
14/3/2013
5/3/2013
25/2/2013
Ola!:
Cada vez queda menos para o remate do curso! Esta penúltima semana estivemos a estudar as civilacións antigas en coñecemento e a repasar no resto das asignaturas.
Ademais, como cada venres aquí vos deixo a foto dos premiados! Noraboa Pablo, Laura, Irea e Diego!
10/6/2013
Ola!:
Esta semana fixemos un lote de cousas! Como asistir, aproveitando que se celebraba o día do medioambiente, á aula de usos múltiples para recibir a Anxo Moure, un grandísimo escritor que nos trouxo a maxia dos bosques contándonos o seu conto "O carballo con botas". Pasámolo estupendamente!
E como cada venres, entregáronse os álbums de comportamento. Noraboa Avril e Sara por seren as premiadas desta semana!
Un saúdo,
a profe Vero.
5/6/2013
Hoxe Inés trouxo a clase uns caranguexos que cazou xunto con Nuno na praia da Torre. Aquí vos deixo a foto!
Aquí vos deixo un vídeo que explica unha cousa moi interesante dos caranguexos:
Un saúdo,
a profe Vero.
31/5/2013
Ola!
Como cada venres, ao finalizar a clase entregáronse os albums de comportamento. Aquí tedes aos gañadores desta semana. Noraboa Rober, Nuno, Diego G., Paula, Mateo, Teo, Mariña e María! Seguide así!
Un saúdo,
a vosa profe Vero.
20/5/2013
Ola!:
Aquí vos deixo a foto das premiadas desta semana! Noraboa a Naomi e Inés polo voso comportamento na clase! Seguide así.
Un saúdo,
a vosa profe Vero.
10/5/2013
Ola!:
Unha vez máis damos remate a outra semana e como cada venres aquí vos deixo a foto dos que conseguístedes os catro cuños! Noraboa Nacho, Diego Y, Alba, Pablo, Aldara e Irea!
Mais non foi o único que fixemos hoxe. Fixemos un montón de cousas: ir a un concerto ao auditorio municipal de Cambados, ver a exposición de Pablo que xa está colgada no colexio, ver o mural que nos trouxo Inés sobre o tema dos oficios... Aquí vos deixo as fotos.
Noraboa pola túa exposición Pablo! |
Grazas por compartir con nós o teu precioso mural Inés! |
Un saúdo,
a profe Vero.
7/5/2013
Ola!
Hoxe, como repaso do tema dos oficios realizamos o concurso. A primeira fase é votarlle un vistazo en grupos ao tema e buscar preguntas para facer aos outros grupos. Despois só queda poñernos un nome como grupo, establecer os turnos, recordar as normas do xogo e... ACERTAR TODAS AS PREGUNTAS QUE PODAMOS para conseguir puntos para o noso equipo!
Aquí temos os gañadores do concurso de hoxe! NORABOA AO GRUPO DOS PELUQUEIROS!
3/5/2013
Ola!
Aquí temos ao alumno e as alumnas da semana! Noraboa Laura, Avril, Andrea e Lucas! Seguide así!
26/4/2013
Ola!
Hoxe foi un día moi entretido. Rematamos á semana do libro con dous contacontos na clase. Viñeron os nenos e nena de 1ºA a contarnos un conto un chulo e despois contounos Pablo a todos un moi bonito. Gustáronnos moito os dous contos!
Ademais, como cada venres, repartíronse os álbums e aquí están os nenos que conseguiron os catro cuños! Noraboa Salvador, Sara e, en especial, a Diego G. e Mariña que remataron os seus álbums! Seguide así!
24/4/2013
Ola!
Hoxe fomos visitar a exposición doutro gran artista que temos na clase: NACHO. Aquí vos deixo a fotografía para que poidades desfrutar das súas obras unha vez máis.
Ademais de ver os cadros de Nacho tamén estivemos escoitando a historia que fixo Pablo na súa casa e no que el e dous compañeiros da clase son os protagonistas. Unha historia chea de aventuras que nos deixou con ganas de máis.
Ola!
Como cada remate da semana aquí temos os premiados dos álbums! Noraboa Naomi, Rober, Nuno, Inés e Paula polo voso comportamento! Seguide así.
Un saúdo,
a profe Vero.
12/4/2013
Ola!:
Hoxe tivemos a visita de Eduardo Baamonde e encantounos, porque ademais aprendimos un montón de cousas útiles para debuxar e para activar a nosa imaxinación cando non se nos ocorre nada.
Ademais, como cada venres rematamos a semana co reparto dos álbunes, pero hoxe foi especial, xa que tres nenos remataron o álbum e levaron un xoguete de premio! Noraboa Teo, Pablo, Diego Y., Aldara, Mateo e Nacho! Seguide asi!
Un saúdo,
a profe Vero.
Ola!:
Hoxe, seguindo co tema das paisaxes e aproveitando que María trouxera unha colección de rochas, Teo trouxo á clase unha rocha volcánica que tiña na súa casa para ensinarnos a todos e poder analizala.
8/4/2013
Ola!
O pasado venres botóusenos o tempo enriba e no puiden repartir os álbums, pero aquí están xa os gañadores da semana pasada por ter tan bo comportamento! Noraboa Laura, María, Lucas e Alba!
Un saúdo,
a profe Vero.
3/4/2013
Hoxe María trouxo a clase unha colección de pedras moi chulas que proviñan de países moi lonxanos. Aproveitamos isto para observalas e analizalas entre todos, coñecer os seus nomes e buscar nun mapamundi os países dos que proviñan.
Ademáis xa se colocou a exposición dos debuxos de María no colexio, polo que fomos todos a dar unha breve visita ao "museo" do colexio para ver a súa exposición e a dos demais artistas do cole. Noraboa, María, polos teus cadros, son moi fermosos!
E con esta, xa van dúas exposicións que houbo na nosa clase, a ver se vos animades algúns máis!
Un saúdo,
a vosa profe Vero.
22/3/2013
Ola!
Hoxe rematamos o segundo trimestre. Pasóusenos voando! Aproveitada esos días de vacacións para descansar e cargar as pilas, xa que nos espera a recta final deste curso.
E despedimos o segundo trimestre coa entrega dos álbums, na que os premiados nesta semana foron Diego G., Andrea, Irea, Sara, Mariña e Salvador. Noraboa polo voso comportamento e seguide así!
Un saúdo,
a profe Vero.
Ola!
Hoxe fixemos un concurso para repasar o tema das plantas! Téñovos que dar a noraboa porque fixéchedes preguntas realmente complicadas e non quedou ningunha pregunta sen resposta! Outra vez, igual que no anterior concurso, houbo empate no primeiro posto, pero só podía gañar un equipo, así que despois dunha ronda final moi reñida hai que felicitar ao equipo das FLORES, composto por Inés, Nuno e María. NORABOA!
Un saúdo,
a vosa profe Vero.
15/3/2013
Ola!
Como cada venres repartimos os álbums e aquí están os gañadores da semana! Noraboa Rober, Nuno, Naomi e Inés polo voso comportamento! Seguide así!
Un sáudo,
a vosa profe Vero.
14/3/2013
Ola!
Estos días estamos a traballar moito en clase: aprendendo as tablas de multiplicar (agora mesmo ata o 4), aprendendo os pronomes persoais e os determinantes posesivos, estudando as plantas... Mais non todo nesta vida é traballar! Así que, aproveitando que temos unha artista na clase cunha exposición no colexio, fomos ver as súas obras e as dos demáis artistas da escola (que hai moitos). Noraboa Inés pola túa exposición e os teus cadros que son moi fermosos e a ver se alguén máis da clase se anima, que en 2ºA hai moitos artistas!
Un saúdo,
a vosa profe Vero.
8/3/2013
Ola!
Como cada venres despedimos a semana coa entrega dos álbums. Neste caso @s alumn@s da semana foron Diego Yrago, Nacho e Avril. Noraboa polo voso comportamento!
Un saúdo,
a vosa profe Vero.
5/3/2013
Ola!
Hoxe fixemos o concurso de Coñecemento do Medio que nos serviu como repaso para o exame que temos mañá. O concurso consistía nunha especie de Trivial con preguntas sobre o que estivemos a estudar en Coñecemento. Había 7 equipos e o que tivemos que facer foi:
1º : elaboramos nós mesmos as preguntas para facer aos nosos contrincantes.
2º : unha vez feitas as preguntas puxémonos mans á obra e empezamos o concurso! Por turnos dentro de cada equipo (para que todos tiveran a oportunidade de participar) tiñamos que contestar ás preguntas que nos tocaban, eso sí, sempre despois do tempo establecido para falar entre nós sobre a pregunta feita e a súa resposta. Se a sabíamos era punto para o noso equipo, se non era rebote para o equipo seguinte.
Estivo moi reñido, e de feito houbo varios empates, pero só podía haber un equipo vencedor, polo que fixo unha ronda de desempate. Estes foron os gañadores! NORABOA MARIÑA, AVRIL E MATEO!
Un saúdo,
a profe Vero.
1/3/2013
Ola!
Oura semana que rematou e cada vez está máis cerca a fin do segundo trimestre. Que rápido pasou! Estudade moito para os exames que temos a próxima semana! Seguro que vos saen xenial!
E como cada venres, aquí vos deixo a foto dos premiados da semana! Noraboa Laura, Alba, Lucas, María e Paula polo voso comportamento! Seguide así!
Un saúdo,
vosa profe Vero.
25/2/2013
Ola!
Hoxe Mateo trouxo un instrumento traído da casa e feito por el que se parecía moito a algo que estivemos a ver en clase. Recordades o que era?
Aquí vos deixo a foto! Era impresionante verdade?
Un saúdo,
a vosa profe Vero.
22/2/2013
Ola!
Como cada venres, aquí vos deixo a foto dos nenos que conseguiron os catro cuños do álbum! Esta semana con moito mérito, porque tamén contaban o xoves e o venres da semana pasada (á da volta do entroido). Así que noraboa a todos os que conseguíchedes o cuño desta semana e en especial a Teo, Mateo, Mariña, Diego G. e Pablo, que non está na foto porque non puido vir o venres á escola pero que tamén ten os seus catro cuños! Ánimo e seguide así!
Un saúdo,
a vosa profe Vero.
15/1/2013
Ola!
Aquí vos deixo as fotos das nenas que conseguiron os catro cuños do álbum! Noraboa Andrea e Irea! Seguide así!
Un saúdo,
a profe Vero.
1/2/2013
Ola!
Como cada remate da semana, revisamos o noso panel de estreliñas e todos aqueles que se portaron ben ao longo dela e mantiveron as súas estreliñas levaron un cuño no álbum. Debo darvos a noraboa a todos, porque o fixéchedes moi ben, pero en especial a Nacho, Rober, Naomi, Sara, Diego Y., Aldara, Inés, Nuno e Salvador por conseguir os catro cuños! Ánimo e seguide asi!
Un saúdo,
a profe Vero.
29/1/2013
Ola!:
Hoxe fixemos un concurso para traballar un pouquiño a memoria: a ver quen aprendía unha poesía moi curtiña!! Iso sí, había que poñelo un pouco difícil: había que entoala moi ben, entenderse perfectamente o que se dicía e recitala tal cual era, sen ningunha palabra máis nin unha menos!
Aquí temos os gañadores! Noraboa aos seis!
Un saúdo,
a profe Vero.
25/1/2013
Ola!:
Aquí deixo a foto dos nosos tres compañeiros que conseguiron os catro cuños do álbum! Noraboa polo voso esforzo e comportamento Laura, María e Lucas! Seguide así!
Aquí deixo a foto dos nosos tres compañeiros que conseguiron os catro cuños do álbum! Noraboa polo voso esforzo e comportamento Laura, María e Lucas! Seguide así!
Vémonos o luns!
A vosa profe Vero.
22/1/2013
Ola!
Hoxe o noso "profe" Pablo leunos un conto que ten moito que ver co día da paz. Aquí vos deixo os dous vídeos sobre este conto que vos prometín. Recordades qué intentaba transmitirnos este conto?
No primeiro video podemos lelo nós mesmos cunha música moi fermosa de fondo.
No seguinte video xa o podemos escoitar.
Un saúdo,
a vosa profe Vero.
18/1/2013
Ola!:
Aquí vos deixo a foto dos dous nenos que conseguiron os catro cuños por bo comportamento! Noraboa Teo e Diego G.! Seguide así!
Un saúdo,
a profe Vero.
11/1/2013
Ola!:
Como cada venres, hoxe tivemos aos premiados que conseguiron os catro cuños. Noraboa a todos, xa que empezamos o ano con moi bo comportamento, pero en especial felicitar a Andrea, Irea e Pablo! Noraboa!
Como cada venres, hoxe tivemos aos premiados que conseguiron os catro cuños. Noraboa a todos, xa que empezamos o ano con moi bo comportamento, pero en especial felicitar a Andrea, Irea e Pablo! Noraboa!
Ata o luns!
A profe Vero.
21/12/2012
Ola!:
Xa chegaron as vacación de Nadal e con elas o remate do primeiro trimestre! Un trimestre que pasou rapidísimo e no que rimos, xogamos, compartimos, traballamos e aprendimos moito! Aproveitade estas vacacións para descansar, divertirvos e repoñer enerxía para comezar con forza o segundo trimestre! Eso si, repasando tamén un pouquiño para que non se nos olvide o aprendido, que hai tempo para todo!
E como non pode ser doutra forma, despedimos as semana dándolle a noraboa aos compañeiros e compañeiras que conseguiron os catro cuños! Aquí os temos! Noraboa: Nuno, Rober, Nacho, Naomi, Alba, Inés, Diego, Mateo, Aldara, Mariña e Paula!
Un saúdo e vémonos á volta:
a vosa profe Vero.
19-12-2012
Ola:
Estamos facendo unha carta para os Reis Magos. Tamen estamos a rematar o libro de lingua e de lengua. Hoxe vamos a decorar a clase de 2ºA. Hoxe e o ultimo dia de clase de informatica do ano.
Un saúdo,
Roberto, Salvador, Nacho e Mateo.
18/12/2012
Ola!
Hoxe, para despedir o tema do Sistema Solar fixemos un concurso na clase aproveitando unhas tarxetas que trouxo Laura a clase.
Xunto con algunhas preguntas destas tarxetas máis outras xa máis específicas do que vimos en Coñecemento, estivemos a facer rondas de preguntas por equipos. Pasámolo en grande! Foi unha forma moi divertida de aprender algunhas curiosidades sobre o Espazo e repasar o xa coñecido!
Aquí vos deixo a foto do equipo gañador! Noraboa ao equipo Neil Armstrong!
Un saúdo,
a profe Vero.
17/12/2012
Ola!
Hoxe, como remate do tema do Sistema Solar, cantamos todos a canción dos "Planetas" de Miliki! Aquí vos deixo un vídeo no que aparece a canción para que a poidades cantar na casa todas as veces que queirades!
Un saúdo,
a profe Vero.
15/12/2012
Ola!
Estas semanas están pasando rapidísimo! Nótase que pronto chegan as vacacións de Nadal! Estos días estivemos a repasar todo o que vimos ao longo deste trimestre a parte de aprender cousas novas como as palabras polisémicas, a proba da resta, medir coa regra, estudar o Universo...
Precisamente en relación co Universo, onte, aproveitando que non poidemos saír ao patio debido ao mal tempo que facía, estivemos a ver uns videos. Aquí vos deixo os enlaces para que poidades velos de novo:
Tamén estiveron presentes nos nosos vídeos Pipo, explicándonos "por que temos a estacións (movemento de translación)" e Koki enseñándonos "por que se fai día e noite (movemento de rotación)" e "as fases lunares".
Ademais estivemos a xogar un pouco para aprender mellor o Sistema Solar e o prometido é débeda, póñovos os enlaces na páxina principal para que os nenos e nenas do outro segundo tamén podan xogar a eles.
Por último, ao rematar esta semana volvimos ter aos gañadores dos catro cuños. Noraboa Avril, María e Salvador! Aquí tedes a vosa foto!
Vémonos o luns! Un saúdo,
a profe Vero.
4/12/2012
Ola!
Estos días estamos a traballar un pouco a Constitución con motivo do día 6 de decembro en clase. O luns tocounos aos de segundo facer a baixada de bandeira ao rematar as clases, todo isto coa axuda do profe Jorge.
Hoxe escollimos entre todos aos nenos e nenas que sairán mañá, no salón de actos, a ler os artigos da Constitución e do Estatuto de Autonomía que escollemos. Moito ánimo aos elixidos e non vos poñades moi nerviosos! Seguro que vos sairá fenomenal!
E outra cousa que fixemos esta semana foi rematar o Belén feito entre os dous primeiros e os dous segundos. Cada clase aportou cousas diferentes e este foi o resultado!
A que quedou bonito?
Un saúdo,
a profe Vero.
1/12/2012
Ola!
Esta semana fixemos un lote de cousas! Entre outras: os de AE foron a expoñer os seus traballos a 5º; o xoves fumos ao salón de actos porque veu un profesor de inglés de Zaragoza a contarnos grandes historias sobre os animais, historias nas que vimos que un animal non é un xoguete, que aos animais hai que darlles moito cariño e coidalos moitísimo; e xa empezamos a facer as casas para o Belén e as figuriñas con plastilina.
E como sempre que rematamos unha semana, aquí vos deixo a foto dos nenos que conseguiron os catro cuños o venres! Noraboa Diego G., Teo e Lucas polo voso comportamento!
Un saúdo,
a profe Vero.
24/11/2012
Ola!
Onte volvimos ter na clase a nenos e nenas que conseguiron os catro cuños do álbum! Noraboa Irea, Laura, Pablo, Alexandra e Andrea por traballar tanto e tan ben na clase e polo voso comportamento. Seguide así.
E moito ánimo tamén aos demáis, a ver a quen lle toca a próxima semana!
Outra cousa que fixemos o venres foi compartir co resto da clase os traballos dos animais que se estiveron a facer, que foron froito de moito traballo. Aquí volos deixo colgados para que podades disfrutar deles unha vez máis e para os que expuxéchedes vos podades ver. Esperamos que vos guste!
Un saúdo,
a profe Vero.
22/11/2012
Ola!
Esta semana estamos a estudar en coñecemento do medio o sistema respiratorio, o sistema circulatorio e sistema dixestivo! Onte Pablo nos trouxo unha boca feita polo seu pai para ver cómo é a boca por dentro e cómo son os dentes (está a foto disto no noso álbum).
Así pois, xa todos coñecemos un pouquiño máis cómo funciona o noso corpo, agora o que estamos a facer é repasar e ampliar algunha información. Para iso, onte e hoxe estivemos a ver uns vídeos sobre estos temas que logo comentamos entre todos para sacar deles o máis interesante.
Aquí vos deixo os enlaces por se os queredes volver a ver.
Un saúdo,
a profe Vero.
a profe Vero.
17/11/2012
Ola!
Esta semana volvimos a ter nenos e nenas que conseguiron os catro cuños do álbum! Noraboa a todos os que conseguíchedes algún cuño esta semana, porque isto é sinal de que vos portáchedes moi ben, pero en especial felicitar a Inés, Nacho, Nuno, Naomi, Rober, Mariña, Aldara, Diego Y., Mateo e Paula. Seguide así!
Un saúdo,
a profe Vero.
15/11/2012
Ola!
Estos días estamos a traballar as restas levando. Aqui vos deixo o enlace dalgunhas páxinas das que podemos ver a súa explicación e das que podemos sacar fichas para facer na casa.
Recordade que sempre temos que pedir prestado só cando o número de arriba sexa máis pequeno, xa que se só tedes 2 caramelos, por exemplo, a que non vos podo quitar 5? É moi importante cando facemos estas restas recordar que 1 DECENA= 10 UNIDADES!
Practicade moito, e un saúdo!
10/11/2012
Onte celebramos a festa do magosto! Pasámolo en grande comendo castañas, cantando e xogando!
Aquí vos deixo un vídeo coa canción do magosto!
Un saúdo,
a profe Vero.
31/10/2012
Ola a todos e todas!
Hoxe celebramos o Samaín na clase. Estivemos a falar sobre qué se celebra nestas datas, sobre algunhas das tradicións, falamos dos nosos medos e cada un de nós fixemos uns debuxos sobre eles para expoñerllos aos nosos compañeiros...porque todos temos medo a algo.
E para finalizar o día, vimos a "lenda do espantallo" (unha lenda que conta por qué os corvos son negros) e a película de Casper, coa que rimos un montón, porque non todo vai ser pasar medo!
Ademais, tivemos a visita dos nosos compañeiros de terceiro que nos trouxeron caramelos e nos cantaron unha canción do Halloween en inglés.
Os nosos medos. |
E para finalizar o día, vimos a "lenda do espantallo" (unha lenda que conta por qué os corvos son negros) e a película de Casper, coa que rimos un montón, porque non todo vai ser pasar medo!
Ademais, tivemos a visita dos nosos compañeiros de terceiro que nos trouxeron caramelos e nos cantaron unha canción do Halloween en inglés.
Espero que o pasárades ben neste día especial!
Un saúdo e nos vemos o luns!
A profe Vero.
27/10/2012
Ola!:
Onte, como cada venres, repartíronse os álbums do rexistro de comportamento ao longo da semana, e é moi grato para mín dicir que xa levamos dúas semanas consecutivas sen que ningún neno e ningunha nena perda nin unha soa estreliña! Así que noraboa a todos, pero en especial a Alba e a María por seren as que conseguiron esta semana os catro cuños! SEGUIDE ASÍ!
Un saúdo,
a profe Vero.
a profe Vero.
26/10/2012
Ola!:
Aquí vos deixo o enlace dos vídeos que vos prometín, por se queredes volver a velo. As tres partes do documental das formigas! Parece sorprendente o ben que traballan xuntas, como se axudan e como se comunican! Agora, sempre que vexamos unha formiga xa sabemos o que é, verdade? Unha obreira recolectando comida. Recordades que era? Macho ou femia?
Disfrutade do documental!
Un saúdo,
a profe Vero.
25/10/2012
Ola!:
Onte visitounes un "amiguiño" na clase. Mirade o que foi! A que é precioso! Sabedes o que é? E un... escáncer!
E hoxe estivemos a falar dos órganos do noso corpo e para qué serven! Todo isto aproveitando un libro xenial que trouxo Pablo e un busto que hai na clase no que vimos onde están colocados.
E ademáis, como estivemos a estudar as formigas e o seu traballo en equipo, Andrea trouxo un "panal" de abellas feito de plastilina xa que as abellas son tamén unhas grandes traballadoras en equipo.
PD: Recordade que hoxe levades os libros de Coñecemento do Medio para estudar os 3 cadros que vimos na clase! Estudade moito, que para iso hoxe non levades ficha nigunha. E non vos olvidedes de traer o libro de volta á clase.
Panel traído por Andrea. |
PD: Recordade que hoxe levades os libros de Coñecemento do Medio para estudar os 3 cadros que vimos na clase! Estudade moito, que para iso hoxe non levades ficha nigunha. E non vos olvidedes de traer o libro de volta á clase.
Un saúdo,
a profe Vero.
24/10/2012
19/10/2012
Hoxe Irea trouxo un recipiente cun montón de ameixas metidas en auga.
Aproveitando isto, estivemos a falar un pouco destes animais tan típicos desta zona e estivemos a ver algúns vídeos. Se os queredes volver a ver aquí vos deixo os enlaces:
18/10/2012
16/10/2012
9/10/2012
Traballamos coas centenas
Tamén estamos a estudar en Coñecemento do Medio os cinco sentidos. Recordo que no blogue temos enlaces para entrar nuns xogos moi interesantes e traballar este tema tamén na casa.
Un saúdo,
4/10/2012
2/10/2012
2/10/2012
24/9/2012
21/9/2012
Estos días estamos a traballar o corpo humano, así como tamén a aprender cousiñas sobre as formigas. Máis adiante vos colagarei os videos do documental que estamos a ver.
Aproveito para deixar aquí un chiste que nos contou Naomi:
Un esqueleto encóntrase cun can que lle está a ladrar todo o tempo e lle cerra o seu paso. Ante esta situación dille o esqueleto:
- Canciño lindo...queres un óso?
Un saúdo,
a profe Vero.
20/10/2012
Aquí deixo a foto dos que conseguiron esta semana os catro cuños no álbum! Noraboa Irea, Lucas, Andrea, Laura, Teo, Avril, Alexandra e Pablo polo voso comportamento! Seguide así!
Un saúdo,
a profe Vero.
19/10/2012
Hoxe Irea trouxo un recipiente cun montón de ameixas metidas en auga.
Aproveitando isto, estivemos a falar un pouco destes animais tan típicos desta zona e estivemos a ver algúns vídeos. Se os queredes volver a ver aquí vos deixo os enlaces:
Aquí vos deixo un vídeo de resumo:
Un saúdo,
a profe Vero.
18/10/2012
Onte rematamos de ver a peli que trouxo Andrea, "Bichos" e fixámonos todos nos protagonistas desta película, os insectos, e sobre todo nas formigas, eses pequenos bichiños que traballan sempre en equipo. Cada unha ten a súa propia misión no formigueiro e todas colaboran unhas con outras para solucionar os problemas. Todos sabemos o que son as formigas pero, ata que punto coñecemos cousas sobre elas? En 2ºA imos a investigar sobre como viven, que comen, como se reproducen...etc. Hoxe xa Inés nos trouxo unha pouquiña de información e un debuxo precioso.
Aquí vos deixo un video sobre as formigas e sobre o seu traballo en equipo. Nós deberíamos tomar nota delas, xa que como clase, tamén somos un equipo e traballando xuntos conseguimos máis cousas.
E en relación con este tema, o traballo en equipo, aquí tedes outro vídeo moi simpático duns cangrexiños.
Espero que vos guste!
Un saúdo,
a profe Vero.
16/10/2012
Ola!
Aquí vos deixo outra adiviña, a ver quen a acerta!
Unha señora
moi señoreada,
sempre vai en coche
e sempre vai mollada.
Que é?
Un saúdo,
a profe Vero.
11/10/2012
Ola a todos e todas!
Hoxe xa tivemos aos primeiros nenos e nenas que conseguiron os catro cuños! Foron un montón!
Aquí vos deixo a foto! Noraboa Naomi, Inés, Rober, Diego G., Diego Y., Nuno, Aldara, Paula, Mariña, Mateo e Nacho! E seguide portándovos así de ben! Agora xa sabedes: se queredes podedes facer calquera cousa (debuxo, poesía, adiviña, conto...) ou buscar algo que vos interese para compartir cos vosos compañeiros e compañeiras no blog!
Un saúdo,
a profe Vero.
10/10/2012
Aquí vos deixo unha adiviña sobre algo que estamos a traballar estos días na clase, a ver se acertades o que é!
Serven para ver,
oír, ulir, tocar e gustar.
Telos no teu corpo,
valos adiviñar?
Esta é moi sinxeliña, pero poñerei algunhas máis, e esas no serán tan doadas, jeje.
Un saúdo,
a profe Vero.
9/10/2012
Estos días na clase xa empezamos a traballar as centenas. Hoxe estivemos traballando en grupos con material manipulativo para poder entender ben o que significan as centenas. Para seguir reforzando isto na casa vos deixo aquí un novo enlace dunha actividade LIM:
Traballamos coas centenas
Tamén estamos a estudar en Coñecemento do Medio os cinco sentidos. Recordo que no blogue temos enlaces para entrar nuns xogos moi interesantes e traballar este tema tamén na casa.
Un saúdo,
a profe Vero.
4/10/2012
Hoxe no recreo estivemos a xogar ao pasimisi e pasimisa todos xuntos.
Na clase estivemos ordenando as letras por orden alfabético en grupos.
Un saúdo: Naomi, Irea e Teo.
2/10/2012
Aquí vos deixo un enlace que nos pasou Mateo sobre como nace o camaleón criollo. Espero que vos guste! Grazas Mateo, é un vídeo moi interesante!
2/10/2012
Estos días estivemos a facer algunhas actividades nas que traballábamos co alfabeto. Cando nos divertimos aprendemos moito mellor e unha boa forma de aprender é cantando, así que aquí vos deixo esta canción do albabeto, pero fixádevos ben! Hay algunha letra que non está, adiviñas cal?
26/9/2012
Hoxe visitamos a biblioteca todos xuntos. Nela recordamos cales son as normas da biblio e onde podemos atopar os libros según a temática que nos interese. Isto vainos vir moi ben para a semana, xa que xa empeza o empréstito de libros!
Ademáis, aproveitamos que estabamos alí para ler un conto no que había un cabaliño de mar de protagonista! E o máis curioso de todo é que as personaxes deste libro están todos feitos con verduras ou froitas!
Un saúdo,
a profe Vero,
25/9/2012
Onte escollimos entre todos o delegado e a subdelegada de clase. Houbo algún que outro empate e o posto de subdelegada estivo reñido até o final, pero xa temos representantes de clase!
Noraboa a Teo e a Laura! Estamos todos seguros de que o ides facer moi ben!
Ademais, hoxe estivemos vendo un pouquiño do documental que trouxo Mariña sobre as diferentes especies mariñas. Vimos que había unha chea de especies diferentes no mar, entre elas: orcas, quenllas, tartarugas, medusas, mantas, morenas, baleas, golfiños, moitas clases de peixes, polvos... e como non, unha especie de cabaliño de mar que nos encanta: o dragón australiano.
Ademais, hoxe estivemos vendo un pouquiño do documental que trouxo Mariña sobre as diferentes especies mariñas. Vimos que había unha chea de especies diferentes no mar, entre elas: orcas, quenllas, tartarugas, medusas, mantas, morenas, baleas, golfiños, moitas clases de peixes, polvos... e como non, unha especie de cabaliño de mar que nos encanta: o dragón australiano.
24/9/2012
E seguen a traer cousas interesantísimas e preciosas dos cabaliños de mar: debuxos, cabaliños feitos de fieltro, libros...
Aquí vos deixo unha adiviña que nos dixo a todos e todas Pablo, a ver se sabedes que é:
Cabalga entre os mares
mostrando a súa armadura
e na súa fráxil lixereza
leva en alto a cabeza.
21/9/2012
Os nenos e nenas seguen interesadísimos no cabaliño de mar e seguen traendo cousiñas da casa á clase. Se queredes ver o que trouxeron podedes facelo, xa que xa están colgadas as fotos no blogue! Moitas grazas pola vosa aportación!
Un saúdo,
a profe Vero.
17/9/2012
Hoxe estivemos aprendendo un montón de cousas sobre os cabaliños de mar, xa que son as mascotas do noso álbum. Vimos que comen, como se moven, como son físicamente, algúns costumes na súa vida...e tamén vimos videos moi interesantes sobre eles. Nos vídeos que máis nos chamaron atención vese como se aparean os cabaliños de mar e como dan a luz, así que aquí vos deixo os enlaces por se os queredes volver a ver:
- Apareamento: fixádevos que fan como unha pequena danza
- Parto: fixádevos nos cambios que se producen no cabaliño antes de dar a luz.
- Apareamento: fixádevos que fan como unha pequena danza
- Parto: fixádevos nos cambios que se producen no cabaliño antes de dar a luz.
Ademais de todo isto tamén vimos un cabaliño de mar en directo! Grazas Mateo por traelo a clase e ensinárnolo!
14/9/2012
Xa empezaron as clases e viñemos todos con moita enerxía e moitas ganas de aprender cousas novas! Estos días dedicámonos a repasar as normas e o funcionamento de clase, a facer algunhas fichas de repaso do visto en primeiro, a contar aos compañeiros que fixemos nas nosas vacacións e sobre todo dimos a benvida aos nosos novos amigos: Sara, Alba e Salvador!
A profe Vero.
video dun cabaliño de mar parindo. visita o enlace
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=KklbPiMzQnU
Noraboa a todos os investigadores da clase de 2ºA. Que ben o pasan aprendendo.Un saúdo.
ResponderEliminarMARIA ( MAMÁ DE PABLO)
Gracias
EliminarMe encantan los videos del científico loco.
ResponderEliminarPABLO PORTAS