miércoles, 19 de junio de 2013

Enlaces interesante para o repaso no verán.

O curso xa rematou, pero iso non significa que nos esquezamos de traballar. O verán é moi longo, e os días tamén, polo que hai tempo para todo. Para iso mandóusevos a cada un no sobre das notas unhas recomendacións personalizadas para o verán.
Ademais, aproveitando este blog tamén pensamos que vos poden ser útiles para repasar algunhas actividades que se poden atopar na rede. Aquí vos deixo os seguintes enlaces:










Isto non é todo, recordade que nos laterais deste blogue, e ordeados por materias, podedes atopar moitísimos enlaces cos que traballar.

Este traballo non é para que o fagades todo. A nosa intención E que dispoñades de moitos recursos onde escoller e facilitarvos un pouco o repaso no verán.

Con isto despedímonos. Unha aperta moi grande, pasade un bo verán e que teñades unha boa entrada en 3º curso.




Un saúdo,
               as vosas titoras.



martes, 21 de mayo de 2013

Repasemos mates!!!!

Ola!

Xa empezamos a dividir! E como víchedes, para saber dividir ben fai falta saberse moi ben as táboas de multiplicar. Para iso vos deixo un xogo divertidísimo no que se pon a proba a vosa rapidez á hora de multiplicar se queredes cazar ao malo! Anímovos a probalo, vaivos encantar!

As aventuras do señor PI.

Aproveito tamén para deixarvos outro enlace moi útil para facer problemas no ordenador. Neles hai que multiplicar, restar ou sumar... a ver se adiviñades que hai que facer en cada un dos problemas?

Pequenos problemas.

E agora toca o novo aprendido: a división! É importantísimo entender para que dividimos. Para iso vos deixo estos enlaces moi divertidos.

Chea os vagóns.

Que toca a cada un?

Video explicativo de que é dividir.


Un saúdo e disfrutade practicando!!

lunes, 13 de mayo de 2013

Concerto didáctico.

O venres fomos ver un concerto didáctico ao auditorio de Cambados. Foi moi entretido, pois escoitamos música moi fermosa que servía para transportarnos ao marabilloso mundo da historia que nos estaban a contar. Ademais aprendimos o nome dalgúns intrumentos que formaban a orquestra e escoitamos o seu son.

miércoles, 8 de mayo de 2013

Repaso do tema das paisaxes.

Aquí vos deixo unha presentación feita por un alumno de 2º, Pablo, que nos serve para recordar todo o que vimos no tema anterior, cando estudamos as paisaxes. Moitas grazas pola túa aportación.


miércoles, 24 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO.

Onte, 23 de abril, foi o día do libro. Estamos a facer distintas actividades no colexio esta semana para celebrar este gran día:
- debuxamos as portadas do noso libro favorito e agora están expostas nos corredores da escola.
- estamos a facer contacontos nas aulas.
- onte fixemos unha lectura colectiva dun dos libros máis importantes da literatura española, Don Quijote de la Mancha.




Os mestres deste colexio desexamos que a celebración do día libro non quede só nun día sinalado, pois non hai mellor forma de celebrar este día que lendo. RECORDADE QUE LER É A MELLOR FORMA DE VIAXAR!



lunes, 15 de abril de 2013

EDUARDO BAAMONDE

O venres 12 tivemos a visita dun gran artista que é tanto escritor como pintor. Este gran artista é Eduardo Baamonde. Encantounos a súa visita porque nos adentrou nun mundo de fantasía léndonos un pouquiño dun dos seus contos (o final deixounos coa intriga para que nós mesmos nolo imaxinemos) e, tamén, nos deu moitos trucos cando debuxemos, todo co fin de activar a nosa imaxinación. Ademais, ensinounos moitos dos seus debuxos de Cambados e vímolo debuxar en directo, algo abraiante, xa que a parte de debuxar xenial faino a unha gran velocidade.




jueves, 4 de abril de 2013

CORPOS XEOMÉTRICOS

En matemáticas estivemos a estudar os corpos xeométricos. Aquí vos deixamos un vídeo para que recordedes qué son os corpos xeométricos e cales son.



Despois de ver o vídeo só queda poñerse mans á obra e practicar un pouquiño. Para iso vos deixamos os enlaces seguintes, para aprender xogando cos corpos xeométricos.

Aquí tedes un xogo moi sinxelo onde clasificalos.

Con este outro enlace repasaredes e aprenderes o que son as caras, os vértices e as aristas dos corpos xeométricos.

E neste último poderedes aplicar todo o comprobar todo o que aprendichedes!

Un saúdo,
                       as titoras.



sábado, 23 de marzo de 2013

FELICES VACACIÓNS!


Xa están aquí as vacacións de Semana Santa e, con elas, o remate do 2º trimestre. Aproveitade estos días para descansar, xogar e, sobre todo, divertirvos! E vinde con moita enerxía para empezar o novo trimeste.

ESPERÁMOSVOS CON MOITAS GANAS O MARTES 2 DE ABRIL.

                           Un saúdo,
                                          as titoras.

As plantas






Aquí vos deixo un enlace moi interesante que nos pasou unha familia que serve para repasar o tema das plantas, concretamente as árbores e os froitos. Pasádeo ben practicando e repasando!



         As árbores.




Un saúdo,
                   as titoras.

lunes, 18 de marzo de 2013

Repasemos as táboas de multiplicar!




Como estamos a estudar as táboas de multiplicar
(xa sabemos ata a táboa do 4 e agora estamos
 a estudar a do 5) aquí vos deixamos dous enlaces
 moi entretidos cos que practicar, aprender e divertirse con elas!







Un saúdo,
                             as vosas titoras.

lunes, 18 de febrero de 2013

Números ordinais

En matemáticas estamos aprendendo e repasando os números ordinais. Aquí vos deixamos algunha actividades para xogar cos números ordinais. Pasádeo ben e aprendede moito!

Que postos ocuparon estes animais na carreira?

Xoguemos e practiquemos con máis ordinais.

Un saúdo,
                      as vosas titoras.

miércoles, 30 de enero de 2013

DÍA DA PAZ!

Hoxe celebramos o día da Paz no cole. Reunímonos todo o colexio no patio e cada clase realizou algunha representación (poesías, cancións, desexos..) e ao final soltamos as pombas, unha delas cun desexo atado na patiña. Foi un día moi bonito e moi divertido.
Nós fixemos un musical con cancións que falan da paz e as profes témosvos que dar a noraboa porque o fixéchedes moi ben!!! Aquí vos deixamos un video para que vos sirva de recordo deste marabilloso día!!


Un saúdo,
                                      as vosas titoras.

viernes, 25 de enero de 2013

ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS

En Coñecemento do Medio estamos estudando os animais e diferenciando entre animais vertebrados e animais invertebrados. Aquí vos deixamos un enlace no que podedes repasar e xogar con estos conceptos:



Unha vez que distingamos entre vertebrados e invertebrados afondaremos sobre as diferentes clases dos animais vertebrados. Para repasar este tema vos deixamos aquí varios enlaces:





Un saúdo,
                              as vosas titoras.

jueves, 17 de enero de 2013

Día da Paz

O 30 de xaneiro celebraremos o día da paz! Mais a PAZ é algo moi importante como para recordala só unha vez ao ano. Todos debemos procurar vivir en paz tratando ben aos que nos rodean, axudándonos uns aos outros, sendo bos compañeiros e, sobre todo, respetando aos demáis, porque cada un de nós temos cousas diferentes: uns somos rubios, outros morenos; uns somos baixos, outros altos; uns somos gordos, outros flacos; a uns gústanos xogar á pilla, a outros ao fútbol... o importante é que aceptemos esas diferenzas  porque aínda que todos somos diferentes, no fondo todos somos IGUAIS, xa que a todos nos gusta xogar, a todos nos gusta ter amigos, a ninguén lle gusta que o traten mal...

Aquí vos deixamos a canción que escoitáchedes en clase. Recordades que é o que quería transmitirnos esta canción?




Un saúdo,
                             as titoras.

miércoles, 16 de enero de 2013

O ciclo da auga!

Aquí vos deixamos un enlace no que podedes repasar algunhas cousas das que vimos en clase. Concretamente o ciclo da auga e clasificar en auga superficial e auga subterránea. Así que vos recomendamos que lle votedes un ollo, que son actividades moi sinxeliñas e levan pouquiño tempo.

Picha aquí para entrar na actividade.

Un saúdo,
                                                           as titoras Bea e Verónica.

viernes, 11 de enero de 2013

HAVE A COLOURED TIME !!

                                                                    LEARN COLOURS

Aproximemos!

Estos días en matemáticas estamos traballando a aproximación, tanto aproximación ás decenas como aproximación ás centenas.
Aquí deixamos un enlace dunha páxina na que se explica cómo aproximar e a continuación trae un par de exercicios para practicar.

Aproximamos ás decenas e ás centenas.

Votádelle unha ollada e practicade moito!

Un saúdo,
                                             a profe Bea e a profe Vero.

jueves, 10 de enero de 2013

Leopoldo Nóvoa e Xosé Luís de Dios.

O martes asistimos ao Salón de Actos para coñecer a dous novos artistas do proxecto CIDARTE: Leopoldo Nóvoa (Pontevedra) e Xosé Luís de Dios (de Ourense). Aprendimos un pouquiño das súas vidas e da súa forma de pintar.

A continuación vos deixamos un vídeo homenaxe de Leopoldo Nóvoa no que podemos ver algunhas das súas obras. A ver se recordades algunha!



Agora deixamos aquí algúns cadros de Xosé Luís de Dios. Fixádevos canto colorido hai sempre nos seus cadros. Recordades por qué empezou a pintar así? A historia comezaba cunha peonza...







Un saúdo,
                                          as titoras Bea e Vero.