miércoles, 24 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO.

Onte, 23 de abril, foi o día do libro. Estamos a facer distintas actividades no colexio esta semana para celebrar este gran día:
- debuxamos as portadas do noso libro favorito e agora están expostas nos corredores da escola.
- estamos a facer contacontos nas aulas.
- onte fixemos unha lectura colectiva dun dos libros máis importantes da literatura española, Don Quijote de la Mancha.




Os mestres deste colexio desexamos que a celebración do día libro non quede só nun día sinalado, pois non hai mellor forma de celebrar este día que lendo. RECORDADE QUE LER É A MELLOR FORMA DE VIAXAR!



lunes, 15 de abril de 2013

EDUARDO BAAMONDE

O venres 12 tivemos a visita dun gran artista que é tanto escritor como pintor. Este gran artista é Eduardo Baamonde. Encantounos a súa visita porque nos adentrou nun mundo de fantasía léndonos un pouquiño dun dos seus contos (o final deixounos coa intriga para que nós mesmos nolo imaxinemos) e, tamén, nos deu moitos trucos cando debuxemos, todo co fin de activar a nosa imaxinación. Ademais, ensinounos moitos dos seus debuxos de Cambados e vímolo debuxar en directo, algo abraiante, xa que a parte de debuxar xenial faino a unha gran velocidade.




jueves, 4 de abril de 2013

CORPOS XEOMÉTRICOS

En matemáticas estivemos a estudar os corpos xeométricos. Aquí vos deixamos un vídeo para que recordedes qué son os corpos xeométricos e cales son.



Despois de ver o vídeo só queda poñerse mans á obra e practicar un pouquiño. Para iso vos deixamos os enlaces seguintes, para aprender xogando cos corpos xeométricos.

Aquí tedes un xogo moi sinxelo onde clasificalos.

Con este outro enlace repasaredes e aprenderes o que son as caras, os vértices e as aristas dos corpos xeométricos.

E neste último poderedes aplicar todo o comprobar todo o que aprendichedes!

Un saúdo,
                       as titoras.