Ola!
Xa empezamos a dividir! E como víchedes, para saber dividir ben fai falta saberse moi ben as táboas de multiplicar. Para iso vos deixo un xogo divertidísimo no que se pon a proba a vosa rapidez á hora de multiplicar se queredes cazar ao malo! Anímovos a probalo, vaivos encantar!
As aventuras do señor PI.
Aproveito tamén para deixarvos outro enlace moi útil para facer problemas no ordenador. Neles hai que multiplicar, restar ou sumar... a ver se adiviñades que hai que facer en cada un dos problemas?
Pequenos problemas.
E agora toca o novo aprendido: a división! É importantísimo entender para que dividimos. Para iso vos deixo estos enlaces moi divertidos.
Chea os vagóns.
Que toca a cada un?
Video explicativo de que é dividir.
Un saúdo e disfrutade practicando!!
martes, 21 de mayo de 2013
lunes, 13 de mayo de 2013
Concerto didáctico.
O venres fomos ver un concerto didáctico ao auditorio de Cambados. Foi moi entretido, pois escoitamos música moi fermosa que servía para transportarnos ao marabilloso mundo da historia que nos estaban a contar. Ademais aprendimos o nome dalgúns intrumentos que formaban a orquestra e escoitamos o seu son.
miércoles, 8 de mayo de 2013
Repaso do tema das paisaxes.
Aquí vos deixo unha presentación feita por un alumno de 2º, Pablo, que nos serve para recordar todo o que vimos no tema anterior, cando estudamos as paisaxes. Moitas grazas pola túa aportación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)